PAN CON SARRACENO (SEN GLUTEN)

Pan de Sarraceno pequeno.

Tempo: 40 minutos

Quentamos o forno a 180 °C

1. Cando o forno este quente, pon as sementes de xirasol na bandexa, introduce no forno e deixa o xusto para que comecen a dourarse (adoitan ser uns 5 minutos) ollo ten moito coidado de non pasarte. Cando comeces a cheirar a semente tostada, retira do forno e deixa que se arrefríen un pouco. Logo móeas nun muíño,

2. Nun bol, mestura ben todos os ingredientes secos, logo engade o aceite e por última a auga. Continúa mesturando cunha culler de madeira. A masa será pegañenta e densa, non é unha masa que poidas envorcar desde un bol, se non que tes que manipular con culler ou similar. Iso si, ten que ter un pouco de humidade, que non sexa un mazacote, se é así engade un pouquiño máis de auga.

3. Ten preparado un molde rectangular pequeno. Engrasa cun pouquiño de aceite de oliva e coa axuda dunha culler introduce a masa do pan. Aplana cunha espátula algo humedecida e fai unha marca coa esta mesma espátula unha liña ao longo.

4. Introduce no forno precalentado a 180 °C e deixa que se cociñe por arriba e por abaixo uns 30 minutos ou ata que este lixeiramente dourado e ao cravar un escarvadentes ou un coitelo, este saia limpo.

5. Deixa a porta do forno aberta e deixa que se arrefríe durante un intre. Logo retira do forno e continúa arrefriando no molde.

(Un pan pequeno.)

Podemos xogar e engadir se queremos froitos secos,pasas,etc…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR