HAMBURGUESA VEXETAL

Esta receita é ideal para experimentar novos sabores no noso padal.

Comezamos poñendo a cocer as nosas lentellas peladas 7-10min aprox. picamos un pemento vermello ben picado,engadímoslle a cúrcuma,comiño moído,cilantro en folla,pementa branca moída e o sal, sempre en función do gusto, lembramos que as nosas especias de O Graneiro de Amelia son de máis intensidade que as que se adoitan encontrar,así que non nos pasaremos, despois engadimos as lentellas ao bol con todos os ingredientes mencionados e faremos unha pasta á cal lle daremos forma de hamburguesa, poñeremos a quentar unha tixola cun chorriño de aceite e fritiremos as nosas hamburguesas vexetais ata que nos queden ao punto. Acto seguido poñémolas no noso pan de hamburguesa e acompañámolo do que nos aptezca, de tofú, ou salsas varias que nos poida gustar, e asi nosa estupenda hamburguesa vexetal, moi sinxela.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies