FILETE DE TENREIRA CON CREMA DE CHAMPIÑÓNS

Lavar os champiñóns e cortar en laminas.
Nunha tixola, poñer 3 culleradas de aceite e o allo enteiro esmagado (logo retírase).

Cando estea dourado, engadir os champiñóns.

Salpimentar e saltear uns 3 minutos. Engadir un pouco de romeu, perexil e un chorro de viño branco, baixar o lume e saltear uns 6 minutos.
Retirar o allo. Poñer a metade dos cogomelos nunha batidora e pasar cun minipimer.

Na tixola coa segunda metade, incorporar uns anacos de gorgonzola, como uns 20 gr.

Esperar que empezo a fundirse e incorporar os cogomelos pasados na batidora.

Engadir un pouco de auga quente ou caldo (non de peixe) e viño branco. Seguir removendo ata que o gorgonzola estea fundido. Apagar o lume

Nun prato poñer 4 culleradas de fariña e un pouco de sal. Rebozar os filetes.
Nunha tixola, con 4 culleradas de aceite, dourar os filetes en ambos os lados uns minutos. Dispoñer os filetes nunha fonte e condimentar coa crema de cogomelos.

Servir cun chisco de pementa negra e un pouco de perexil picado. E listo

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies