ENSALADA DE LENTELLAS VERMELLAS

Comeza preparando os ingredientes para elaborar esta ensalada de lentellas vermellas. Pela a cabaza e córtaa en dados pequenos. O apio en anacos finos, os tomates Cherry á metade e o allo, sen a pel, en láminas delgadas. Lava as follas de cilantro, sécaas con papel de cociña e pícaas. Espreme o zume dunha lima ou limón.

Envorca o aceite de oliva nunha tixola ampla e pona ao lume. Empeza engadindo os allos laminados, acto seguido incorpora a cabaza, e o apio. Saltea as verduras durante uns minutos co obxectivo de deixalas ao dente. Agora engade os tomates cherry, cociña un par de minutos máis e retira a tixola do lume. Incorpora as especias, mestúraas ben co resto de ingredientes e reserva.

Para cociñar as lentellas enche unha pota mediana con auga, achégaa o lume e cando comece a ferver engade as lentellas vermellas. Ao non ter pel necesitarán un menor tempo de cocción, con 15-20 minutos bastará. Sempre é mellor deixalas un pouco enteiriñas para que non queden pastosas. Escurre as lentellas e arrefríaas baixa a auga da billa. Esténdeas nunha bandexa ou prato cuberto con papel de cociña para que perdan a humidade sobrante.

Pon as lentellas vermellas nun recipiente amplo e incorpóralle o salteado de verduras, pásalas, o zume de lima ou limón, sal e un pouco de pementa recentemente moída,decora co cilantro picado e unhas pasas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies