CROQUETAS CON FARIÑA DE GARAVANZO
INGREDIENTES
Ingredients
- 2 Ovos duros
- 150gr Taquitos de xamón
- 30gr Cebola
- 100gr Manteiga
- 50ml Aceite de oliva
- 190gr Fariña de garavanzo
- 600ml Leite enteiro
- Un belisco noz moscada
- pementa de sechuan moída
- Sal
PREPARACIÓN: 1- Comezaremos cortando en anacos os ovos duros(reservamos).Picamos a cebola moi fina en dados pequenos 2- Engadiremos nunha tixola o aceite e a manteiga e deixaremos pochar a cebola. 3-Unha vez este xa no punto iremos engadindo a fariña removendo aos poucos para que non se nos pegue, a continuación iremos botando o leite e removeremos lentamente co sal,a pementa de sechuan e dúas culleradas de taquiños de xamón facendo asi unha crema homoxénea, por último engadiremos o xamón restante e o ovo, sen bater. 4- Poñemos a crema nun recipiente e arrefriámolo sobre 5h aprox. 5-Finalmente darémoslle á nosa masa a forma que nós queiramos, e rebozaremos primeiro por fariña de garavanzo,despois ovo batido e finalmente pan relado, a fritir en aceite ben quente e a gozar!
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
CERRAR