BISCOITO CON FARIÑA DE CASTAÑA E PANELA

Bater as xemas co azucre panela ata que dobren o seu volume, engadir o leite e o aceite de oliva. 
Peneirar a fariña de castañas e incorporala aos poucos á mestura anterior, engadir o sobre de fermento.

Nunha cunca bateremos as claras a piques de neve cun pouquiño de sal,
e engadirémolas á mestura anterior con moito coidado.


Mentres tanto ir quentando o forno a 180º

Preparar un molde engrasado para verter a mestura, engadir as noces cortadas en anacos por encima, 
e metelo no forno a 180º durante uns 30 minutos, sempre dependendo do forno, a cantidade e o molde que poñamos,se é alto ou baixo.
 En todo caso comprobar cun escarvadentes se xa está no seu punto.
Retirar do forno, arrefriar un pouco e engadir noces peladas, e azucre glass se se desexa.

Leave a Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

CERRAR